Sede electrónica Concello de Carballo

03:22:35 Luns 7 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de edificación

A Solicitude de Licenza de Edificación deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
  • As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • A localización de casas prefabricadas, piscinas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de licenza de edificación.
  • PROXECTO TÉCNICO ASINADO POR TÉCNICO COMPETENTE, con visado colexial nos casos previstos na lexislación vixente.
  • Fotografías da parcela, ou do ámbito afectado polas obras.
  • Nomeamento de técnicos directores de obra.
  • En caso de nova edificación plano topográfico e perfís coa implantación da edificación sobre o terreo.
  • Documento acreditativo da titularidade da parcela ou dalgún dereito real ou de superficie sobre do solo ou inmoble sobre o que se pretende actuar.
  • Acreditación da superficie da parcela por medio de proba admisible en Dereito.
  • Localización sobre plano catastral da parcela coa referencia catastral completa.
  • Folla de Estatística de Vivenda e Edificación.
  • Copia de autorización sectoriais (de ser legalmente esixibles, augas, estradas, etc…).
  • Copia da solicitude de ocupación de vía pública, no caso de ser necesario.

Nome: Solicitude de Licenza de Edificación.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.