Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. Quen promova actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
Calquera persoa física ou xurídica que desexe comunicar o inicio dunha obra.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
(*) Considéranse obras de nova edificación de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica aquelas que reúnan as seguintes condicións: que non teñan de forma eventual ou permanente carácter residencial nin público, que se desenvolvan nunha única planta de altura máxima 3m, que a superficie construída non supere 25 m2 e que se realice a base de elementos portantes prefabricados. Exclúese desta consideración as edificacións situadas en solo rústico en parcelas sen edificar (que, dada a súa excepcionalidade, deberán contar con xustificación técnica da súa necesidade e uso en solo rústico).
Nome: Comunicación Previa de Obra.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.