OEP 2022 (O). LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS. OFICIAL TRACTORISTA
EXP: 2023/E001/000024
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas. Procesos selectivos OEP 2022 Ordinaria.
As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de persoas admitidas.
BOP da Coruña núm. 179 do 18 de setembro de 2024.
Polo que, o prazo de emendas será DESDE O 19/09/2024 ATA O 02/10/2024, ambos incluídos.
Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.