O procedemento de "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aquelas persoas propietarias e/ou posuidoras lexítimas dos inmobles ás que se lles deba permitir o acceso, así como quen promove ou contrata nos supostos de obra.
Persoas físicas ou xurídicas que desexen solicitar unha licenza de vaos.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
- Copia do título habilitante para a actividade.
- Copia da licenza de obra.
Nome: Solicitude de licenza de vaos.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.