O procedemento de "autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento" ten por obxecto a expedición dunha autorización que permita á cidadanía realizar a acometida de auga e/ou rede de sumidoiros desde a súa propiedade ás tubaxes xerais e dar inicio ao servizo.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar autorización para a realización de acometidas e o inicio do abastecemento de auga e recollida de lixo.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.