LISTAXE DE AGARDA PARA COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO COA CATEGORIA PROFESIONAL DE VIOLIN
EXP: 2026/E001/000003
Aprobación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de persoal laboral temporal, a tempo parcial, para a cobertura temporal de prazas de profesor/a do CMUS, especialidade de violín.
As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de persoas admitidas e excluídas, disporán dun prazo de dous (2) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio na sede electrónica do Concello de Carballo, para emendar as deficiencias ou os defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión, sempre que sexan emendables. (03/09/2026 ao 04/09/2026)