Acta número 1 do tribunal calificador do proceso selectivo Administrativo/a
EXP: 2026/E001/000008
Publícase a Acta número 1 do tribunal cualificador do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a (Grupo C, Subgrupo C1).
Xúntanse á acta as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio, tipo test, así como o cadro de respostas acordado polo tribunal.
De acordo co establecido nas bases da convocatoria, fíxase un prazo de tres días hábiles para a presentación de alegacións, tanto ao cuestionario como ao cadro de respostas acordado polo tribunal.
Así mesmo, o tribunal acorda fixar para o xoves, ás 13:30 horas, unha vez rematado o prazo de formulación de alegacións, unha nova xuntanza para a resolución destas, se as houbera, e para a apertura dos sobres en acto público, que terá lugar na Sala de Xuntas do Concello de Carballo.