Sede electrónica Concello de Carballo

12:29:41 Luns 1 de xuño 2026

Información

Secretaría-servizo de persoal

01/06/2026

BASES XERAIS REGULADORAS PARA A PROVISIÓN COMO DIRECTIVO, DOCENTE E APOIO OBRADOIRO LUBIÁNS II

EXP: 2026/E001/000012

Por Resolución da Alcaldía do Concello de Carballo núm. Nº: 1496/2026 aprobáronse as bases xerais reguladoras da convocatoria pública e do proceso de selección para a provisión como persoal funcionario interino do persoal directivo, docente e persoal de apoio para a realización do proxecto do obradoiro dual de emprego “Obradoiro Lubiáns II”.

As bases están dispoñibles na Sede electrónica do concello de Carballo e do concello de Coristanco, e na páxina web municipal (www.carballo.gal).

O prazo de presentación de instancias é de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Os sucesivos anuncios relativos a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na Sede electrónica do concello e na web municipal, sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.


Xustificantes de Publicación: