ANUNCIO SEGUNDO EXERCICIO PROBA TIPO TEST COORDINADORES. RESPOSTAS E RESULTADOS
EXP: 2025/E001/000006
Proceso selectivo para a cobertura de persoal laboral fixo-descontinuo, en quenda libre, de catro (4) prazas de coordinador/a socorrista para a unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestará servizo nas praias do con- cello de carballo, incluídas na OEP 2024 ordinaria.
De acordo coa segunda fase do proceso selectivo: fase de oposición, segundo exercicio, proba tipo test correspondentes aos puntos 9.13 e 11.2 das Bases do proceso selectivo, publícase no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Carballo as respostas correctas ás preguntas formuladas, incluídas as de reserva, co fin de que os/as interesados/as poidan presentar reclamacións, no seu caso, durante o prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación
As respostas correctas e as puntuacións son os que se indican no ANEXO I e ANEXO II.
O tribunal acorda convocar ás persoas aspirantes para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición, obrigatorio e eliminatorio, PROBA TEÓRICO - PRÁCTICA, o vindeiro 18 de maio ás 11:30 horas no Salón de Plenos da casa do Concello de Carballo (rúa Colón, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).