CONCURSO - BAREMACIÓN DEFINITIVA FASE DE CONCURSO SOCORRISTAS
EXP: 2025/E001/000005
Resolución alegacións da baremación de méritos da fase de concurso proceso selectivo para a cobertura de persoal laboral fixo-descontinuo, en quenda libre, de vinte e oito (28) prazas de socorrista para a unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestara servizo nas praias do concello de carballo, incluídas na OEP 2024 ordinaria.
De acordo coa reunión do tribunal de baremación que tivo lugar o 05/05/2026 para resolver as alegacións presentadas ao concurso de méritos, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.
O tribunal acorda convocar ás persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, o vindeiro 12 de maio ás 11:45 horas no PAZO DA CULTURA (rúa do Pan, s/n, 15100 Carballo), no salón de actos 2º Andar.
Os aspirantes estaban convocados no Edificio Forum de Carballo pero por circunstancias imprevistas modificase o lugar de celebración e a hora.