Sede electrónica Concello de Carballo

12:23:02 Luns 4 de maio 2026

Información

SECRETARIA - SERVIZO DE PERSOAL

30/04/2026

ANEXO I RESULTADO PROBAS FÍSICAS SOCORRISTA E DATA SEGUNDO EXERCICIO

EXP: 2025/E001/000005

Proceso selectivo para a cobertura de persoal laboral fixo-descontinuo, en quenda libre, de de vinte e oito (28) prazas de socorrista para a unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestara servizo nas praias do concello de carballo, incluídas na OEP 2024 ordinaria.

De acordo coa segunda fase do proceso selectivo: fase de oposición, primeiro exercicio. Probas físicas da base 11.1, os resultados son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo as Bases da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, para formular as alegacións que consideren oportunas.

O tribunal acorda convocar ás persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, o vindeiro 12 de maio ás 11:30 horas no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).


Xustificantes de Publicación: