PROCESO SELECTIVO SOCORRISTA PRAIA (OEP 2024). CONCURSO BAREMACIÓN MÉRITOS
EXP: 2025/E001/000005
Proceso selectivo para a cobertura de persoal laboral fixo-descontinuo, en quenda libre, de vinte e oito (28) prazas de socorrista para a unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestara servizo nas praias do concello de carballo, incluídas na OEP 2024 ordinaria.
Anuncio da baremación de méritos da fase de concurso. Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para formular as alegacións que consideren oportunas.
O tribunal acorda CONVOCAR AOS ASPIRANTES para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, probas físicas, o vindeiro xoves 30 de abril ás 08.45 horas na piscina Carballo Calero, sita na rúa Carballo Calero, s/n do Concello de Carballo.
De acordo coa Base Reguladora 11.1, o día da realización deste exercicio aportarase o certificado médico no que se faga constar de maneira clara e lexible, o nome, apelidos e DNI do/a aspirante, nome, apelidos, número de colexiado e firma do/a profesional sanitario que emite o certificado, lugar e data de emisión do certificado no que se indique que o/a aspirante reúne as condicións físicas precisas para realizar as probas físicas previstas nestas convocatoria. A falta de presentación de este certificado, dará lugar á exclusión da persoa aspirante.