PROCESO SELECTIVO COORDINADOR SOCORRISTA (OEP 2024). CONCURSO BAREMACION MÉRITOS
EXP: 2025/E001/000006
Proceso selectivo para a cobertura de persoal laboral fixo-descontinuo, en quenda libre, de catro (4) prazas de coordinador/a socorrista para a unidade de salvamento e socorrismo acuático que prestará servizo nas praias do con- cello de carballo, incluídas na OEP 2024 ordinaria.
Anuncio da baremación de méritos da fase de concurso. Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para formular as alegacións que consideren oportunas.
O tribunal acorda CONVOCAR AOS ASPIRANTES para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, probas físicas, o vindeiro martes 28 de abril ás 08.45 horas na piscina Carballo Calero, sita na rúa Carballo Calero, s/n do Concello de Carballo.
De acordo coa Base Reguladora 11.1, o día da realización deste exercicio aportarase o certificado médico no que se faga constar de maneira clara e lexible, o nome, apelidos e DNI do/a aspirante, nome, apelidos, número de colexiado e firma do/a profesional sanitario que emite o certificado, lugar e data de emisión do certificado no que se indique que o/a aspirante reúne as condicións físicas precisas para realizar as probas físicas previstas nestas convocatoria. A falta de presentación de este certificado, dará lugar á exclusión da persoa aspirante.