Sede electrónica Concello de Carballo

03:28:09 Sábado 14 de febreiro 2026

Información

PÀTRIMONIO

05/02/2026

TRANSMISIÓN DA TITULARIDADE DA PARCELA DESTINADA AO CENTRO INTEGRAL DE SAÚDE (CIS)

EXP: 2026/X999/000045

Para dar cumprimento á cláusula segunda do Convenio de colaboración, entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballo, para a reforma e ampliación do centro de saúde de Carballo para a súa transformación en Centro Integral de Saúde (CIS) da comarca de Bergantiños, mediante a providencia do 19.01.2026 iniciouse o expediente administrativo para a cesión gratuíta da parcela con referencia catastral 5456936NH2855N0001SM, cunha superficie de 3.870 m2.

A parcela cuxa titularidade se transmite é a parcela SL-EQ-V2 agrupada, a cal figura inscrita no Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo, referido a 31.12.2024 rectificado por resolución da Alcaldía núm. 806/2025 do 18.03.2025, no epígrafe 1 co número de orde 13426, a cal descríbese do seguinte xeito:

- Denominación: Parcela SL-EQ-V2AGRUPADA

- Superficie: 3.870 m2

- Lindes:

Norte, parcela catastral 5456914NH2855 na que se localiza o Centro de Saúde de Carballo.

Sur, Vial público.

Leste, Avenida do Ambulatorio.

Oeste, Vial público.

- Valoración: 190.947,66 €

- Título: Agrupación (resolución núm. 3278/2024 do 08/11/2024) de parcelas adquiridas mediante convenio urbanístico.

- Referencia catastral: 5456936NH2855N0001SM

- Natureza de dominio: Dominio público – servizo público.

- Rexistro da propiedade: Finca 52225 inscrición 1ª.

- Clasificación e cualificación urbanística: Parte como solo urbanizable delimitado sistema local de equipamento para servizos varios e outra parte como solo urbano non consolidado (SUNC) –

En virtude do disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, sometese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Carballo.

Mediante este anuncio, sométese o expediente a un período de información pública por prazo de 20 días hábiles, no que poderán alegar por escrito canto estimen conveniente ó seu dereito ante a Corporación acompañando tódolos documentos en que funden as alegacións.

Carballo, 04 de febreiro do 2026

O Alcalde

José Daniel Pérez López


Xustificantes de Publicación: