PROCESO SELECTIVO. LISTAXES AGARDA. DOCENTES ACCIONS FORMATIVAS. FORMACIÓN PROFESIONAL GRAO C.
EXP: 2025/E001/000014
Proceso selectivo para a elaboración de listaxes de agarda de persoal para a cobertura temporal de prazas de docentes para impartir accións formativas do sistema de formación profesional do Grao C do Concello de Carballo.
ANEXO I ACTA 1ª - BAREMACIÓN DA FASE DE CONCURSO.
Os/as aspirantes disporán dun prazo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.
O Tribunal cita ás persoas aspirantes, no conxunto das categorías, para o desenvolvemento da fase de oposición, para o luns 15 de decembro de 2025, no Salón de Plenos da Casa do Concello, así como para a realización da proba de coñecemento da lingua galega, no caso daquelas persoas aspirantes que non teñan acreditado este requisito.