Sede electrónica Concello de Carballo

07:45:34 Mércores 20 de agosto 2025

Información

SERVIZO DE PERSOAL

11/08/2025

OEP 2022 (O). INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. RESULTADOS DEFINITIVOS E PROPOSTA DE NOMEAMENTO

EXP: 2024/E001/000021

Publicación da PROPOSTA DE NOMEAMENTO como persoal funcionario en prácticas nunha praza de Inspector do Corpo da Policía Local incluída na OEP Ordinaria do Concello de Carballo.

No prazo máximo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte á publicación da listaxe de aprobados no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, as persoas aspirantes propostas para o nomeamento deberán presentar a documentación xustificativa do cumprimento das condicións de capacidade e dos requisitos esixidos na convocatoria, consonte ao indicado na Base Décimo Cuarta (Acreditación dos requisitos esixidos) das Bases Xerais e Bases Específicas do presente proceso selectivo.

Quen dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou da mesma deducísese que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

Polo que, o prazo de presentación da antedita documentación xustificativa é desde o DÍA 12/08/2025 e rematará o DÍA 09/09/2025, ambos INCLUÍDOS.


Xustificantes de Publicación: