OEP 2022 (O). AUXILIAR ADMINISTRATIVO. RESOLUCIÓN ALEGACIÓNS EXERCICIO 1. PROBA TIPO TEST
EXP: 2023/E001/000023
O Tribunal cualificador acorda publicar a BAREMACIÓN DEFINITIVA do primeiro exercicio da oposición, PROBA TIPO TEST, así como, a resolución das alegacións formuladas contra dos resultados provisionais deste exercicio.
Resoltas as alegacións, as notas definitivas incorpóranse como ANEXO ao presente anuncio, indicando o número de acertos, erros e preguntas non respostas por cadanseu aspirante, identificado co código alfanumérico que se ten facilitado no momento de realización da proba para garantir o anonimato na corrección do exercicio.
O vindeiro LUNS, DÍA 4 DE AGOSTO, ÁS 10.30 HORAS, no Salón de Plenos da Casa do Concello, o Tribunal procederá á apertura de sobres dos aspirantes, para atribuír a nota de cada código garantidor do anonimato a cadanseu aspirante, en sesión pública á que poderán asistir todos os aspirantes que o desexen. En dita sesión, o Tribunal tomará os acordos precisos sobre a data de celebración do segundo exercicio, que se fará pública a través da sede electrónica do Concello e, de forma supletoria, na páxina web municipal, e que será, en todo caso, a partires do inicio do mes de setembro.