Sede electrónica Concello de Carballo

13:56:14 Mércores 20 de agosto 2025

Información

SERVIZO DE PERSOAL

30/07/2025

BOLSA GRADUADO/A ENFERMERÍA UCA. BAREMACIÓN PRIMEIRO EXERCICIO E PROPOSTA LISTAXE DE AGARDA

EXP: 2025/E001/000012

Publicación do CADRO DE RESPOSTAS CORRECTAS ás preguntas formuladas, así como, a BAREMACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO da oposición, proba tipo test, segundo ao indicado no documento ANEXO.

As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas a este exercicio, no prazo de DOUS (2) DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.

Á vista das reclamacións que se presenten, e no caso de ser estimadas polo tribunal, realizaranse as oportunas correccións nas puntuacións, publicándose a puntuación definitiva no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo e, de forma supletoria, na páxina web municipal.

En caso de non presentarse alegacións e, dado que, tódalas persoas aspirantes admitidas están exentas de realizar a proba de coñecemento da lingua galega, o tribunal propón as persoas aspirantes que superaron tódolos exercicios da oposición do presente proceso selectivo para a conformación da LISTAXE DE AGARDA DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL para a cobertura temporal de prazas de Graduado/a Enfermería UCA (Unidade Condutas Aditivas), segundo ao indicado no documento ANEXO.


Xustificantes de Publicación: