OEP 2022 (O). INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. BAREMACIÓN PRIMEIRO EXERCICIO
EXP: 2024/E001/000021
Publicación da puntuación acadada no PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, segundo os criterios de baremación acordados nas bases do proceso selectivo.
Publicación do CADRO DE RESPOSTAS correctas ás preguntas formuladas.
As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas ás preguntas, ao seu contido e ao cadro de respostas correctas, no prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.
Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 24/07/2025 e rematará o DÍA 31/07/2025, ambos INCLUÍDOS.
O tribunal acorda convocar ao aspirante que ten superado o primeiro exercicio a realizar o SEGUNDO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA PRÁCTICA, para o vindeiro día 01/08/2025, ás 09.30 horas, no Salón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).