OEP 2022 (O). INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. BAREMACIÓN FASE DE CONCURSO
EXP: 2024/E001/000021
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO.
Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.
Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 17/07/2025 e rematará o DÍA 23/07/2025, ambos INCLUÍDOS.
O tribunal recorda que os aspirantes foron convocados para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, que terá lugar o vindeiro 22 de xullo do 2025 ás 12.00 horas, no Salón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).