OEP 2022 (O). OFICIAIS TRACTORISTAS. RESULTADOS DEFINITIVOS E PROPOSTA DE NOMEAMENTOS
EXP: 2023/E001/000024
Publicación da PROPOSTA DE NOMEAMENTO como persoal funcionario de carreira para a cobertura das dúas (2) prazas de Oficial Tractorista incluídas na OEP Ordinaria do Concello de Carballo.
Publicación da PROPOSTA DE LISTAXE DE AGARDA de persoal funcionario interino no posto de Oficial Tractorista.
No prazo máximo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS, contados desde o día seguinte á publicación da listaxe de aprobados no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, as persoas aspirantes propostas para o nomeamento deberán presentar a documentación xustificativa do cumprimento das condicións de capacidade e dos requisitos esixidos na convocatoria, consonte ao indicado na Base Décimo Terceira (Acreditación dos requisitos esixidos) das Bases Xerais e Bases Específicas do presente proceso selectivo.
Quen dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou da mesma deducísese que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.
Polo que, o prazo de presentación da antedita documentación xustificativa é desde o DÍA 27/06/2025 e rematará o DÍA 16/07/2025, ambos INCLUÍDOS.