Sede electrónica Concello de Carballo

14:01:32 Mércores 20 de agosto 2025

Información

SECRETARÍA. PATRIMONIO E CONTRATACION

09/06/2025

PATRIMONIO. CESION DUNHA PARCELA DE TITULARIDADE MUNICIPAL Á SOCIEDADE VIVENDA PÚBLICA DE GALICIA, S

EXP: 2025/X999/000411

Atendendo á intención manifestada polo IGVS de desenvolver a edificación de vivenda de promoción pública en solo urbano, o Concello de Carballo comprometeuse para a cesión do dito solo.

Mediante a providencia da Alcaldía asinada o 16/05/2025 instouse a incoación do oportuno expediente administrativo ó fin de ceder gratuitamente á Sociedade Vivenda Pública de Galicia, S.A. (adscrita á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e baixo a tutela do IGVS) a Parcela nº 15 do proxecto de compensación do polígono 19, inscrita no Inventario Municipal de Bens co nº orde 235.

A parcela de cesión que o Concello de Carballo ofrece ó IGVS para vivenda de promoción pública, descríbese do seguinte xeito:

A parcela da fronte as ruas Medico Jose Manuel Lado e Sofia Casanova. Ten a referencia catastral 5157824NH2855N0001WM e figura inscrita no Inventario Municipal de Bens e no Rexistro da propiedade de Carballo cos seguintes datos:

Inventario Municipal de Bens:

- Nº orde do ben: 235

- Inmoble: Parcela nº 15 do proxecto de compensación do polígono 19.

- Superficie: 1.998,00 m2.

- Lindeiros:

Norte: Vial (Rua Sofia Casanova). Sur: Vial (Rua Medico Jose Manuel Lado). Leste: Parcela no 2 (Prox. Compensación) – Ref. Cat. 5157843NH2855N0001RM. Oeste: Parcela no 9 (Prox. Compensación) – Ref. Cat. 5157836NH2855N0001FM.

Rexistro da propiedade de Carballo :Tomo: 129 Libro: 480 Finca: 42256

Publícase a incoación deste expediente, no que consta a documentación acreditativa dos requisitos esixidos consonte ó artigo 110 do Real decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais, no BOP e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Carballo, no que se poderá consultar a documentación mediante o seguinte enlace:

Mediante este anuncio, sométese o expediente a un período de información pública por prazo de 20 días hábiles, no que poderán alegar por escrito canto estimen conveniente ó seu dereito ante a Corporación acompañando tódolos documentos en que funden as alegacións.


Xustificantes de Publicación: