SOCORRISTAS DE PRAIA. 2025. ANEXO I ACTA 1ª – FASE DE CONCURSO: BAREMACIÓN DE MÉRITOS
EXP: 2025/E001/000010
PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE 32 SOCORRISTAS PARA A UNIDADE DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO QUE PRESTARÁ SERVIZO NAS PRAIAS DO CONCELLO DE CARBALLO NO ANO 2025.
- ANEXO I ACTA 1ª – FASE DE CONCURSO: BAREMACIÓN DE MÉRITOS
Prazo de tres (3) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.
O tribunal recorda que a realización dos exercicios da fase de oposición, terán lugar o vindeiro luns, 9 de xuño do 2025, comezando ás 09.00 horas, na piscina municipal situada na rúa Carballo Calero, e continuando o desenvolvemento das probas na praia de Razo e no Edificio Fórum.
Recórdase ás persoas aspirantes a obriga de acudir co certificado médico para a súa presentación antes do desenvolvemento das probas físicas.