BASES E CONVOCATORIA DOCENTE PARA A XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA. PLAN FORMATIVO EMPREGO
EXP: 2025/E001/000004
No Boletín oficial da provincia da Coruña (BOP) do día 15 de maio de 2025 publícase o anuncio da aprobación das bases, por Resolución da Alcaldía núm. 1345/2025, e convocatoria para a provisión, en réxime laboral temporal, dunha praza de docente para impartir a acción formativa: xestión de chamadas de teleasistencia. Plan formativo para o emprego da CCCAA Galicia. Para os anos 2024-2025.
As bases están dispoñibles na Sede electrónica do concello de Carballo e na páxina web municipal (www.carballo.gal).
O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña (do 16/05/2025 a 20/05/2025).