Sede electrónica Concello de Carballo

21:28:27 Luns 19 de maio 2025

Información

PATRIMONIO

30/04/2025

PATRIMONIO . EXPEDIENTE DE INVESTIGACION RELATIVO A UN CAMIÑO SITO EN CASA NOVAS, BERDILLO,

EXP: 2025/G003/001169

Mediante o decreto da Alcaldía núm. 1123/2025 do 23.04.2025 resolveuse a incoación dun expediente de investigación relativo a un camiño sito no lugar de Casas Novas, parroquia de Berdillo, o cal figura actualmente inscrito no Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo.

O camiño obxecto deste expediente de investigación descríbese do seguinte xeito:

O camiño figura grafado na cartografía do catastro actual como viario público, con un trazado que discorre entre as parcelas coas referencias catastrais 750603NH2885S0001XB, 8750602NH2885S0001DB e 8850302NH2885S0001HB.

Publícase a resolución de incoación deste expediente de investigación relativo ó ben descrito no parágrafo anterior no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Carballo durante quince días hábiles.

Unha vez transcorrido este período de información pública, sométese o expediente a un período de alegacións, por prazo dun mes, no que poderán as persoas afectadas polo expediente de investigación alegar por escrito canto estimen conveniente ó seu dereito ante a Corporación acompañando tódolos documentos en que funden as súas alegacións.


Xustificantes de Publicación: