OEP 2022 (O). OFICIAIS DE EMERXENCIAS. RESULTADOS DEFINITIVOS E PROPOSTA DE NOMEAMENTOS
EXP: 2023/E001/000022
Publicación da resolución do cuarto exercicio da fase de oposición, PROBA DE GALEGO.
Publicación da PROPOSTA DE NOMEAMENTO como persoal funcionario de carreira para a cobertura das tres (3) prazas de Oficial de Emerxencias incluídas na OEP Ordinaria do Concello de Carballo.
Publicación da PROPOSTA DE LISTAXE DE AGARDA de persoal funcionario interino no posto de Oficial de Emerxencias.
No prazo máximo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS, contados desde o día seguinte á publicación da listaxe de aprobados no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, as persoas aspirantes propostas para o nomeamento deberán presentar a documentación xustificativa do cumprimento das condicións de capacidade e dos requisitos esixidos na convocatoria, consonte ao indicado na Base Décimo Terceira (Acreditación dos requisitos esixidos) das Bases Xerais e Bases Específicas do presente proceso selectivo.
Quen dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou da mesma deducísese que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.
Polo que, o prazo de presentación da antedita documentación xustificativa é desde o DÍA 25/04/2025 e rematará o DÍA 14/05/2025, ambos INCLUÍDOS.