Sede electrónica Concello de Carballo

18:12:20 Domingo 11 de maio 2025

Información

SERVIZO DE PERSOAL

14/04/2025

BOLSA ADMINISTRATIVOS/AS. BAREMACIÓN DEFINITIVA EXERCICIO 1, PROBA TIPO TEST

EXP: 2024/E001/000005

Unha vez finalizadas as alegacións o tribunal acorda publicar a BAREMACIÓN DEFINITIVA DO PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, segundo ao indicado no Anexo.

Así mesmo, o tribunal acorda a publicación do CADRO DE RESPOSTAS CORRECTAS CORRIXIDO segundo as alegacións admitidas.

A resolución das reclamacións presentadas será notificada individualizadamente aos aspirantes que as teñan formulado unha vez sexan abertos os sobres identificativos das persoas aspirantes presentadas.

A APERTURA DOS SOBRES IDENTIFICATIVOS dos aspirantes presentados realizarase en sesión pública o vindeiro martes 15 de abril do 2025, ás 13.00 horas no Salón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).


Xustificantes de Publicación: