Sede electrónica Concello de Carballo

21:13:26 Domingo 11 de maio 2025

Información

SERVIZO DE PERSOAL

11/04/2025

OEP 2022 (O). SUBALTERNOS - CONSERXES. BAREMACIÓN EXERCICIO 1. PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA

EXP: 2023/E001/000026

O tribunal acorda a publicación da puntuación acadada no PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, polos persoas aspirantes presentadas, identificadas cos correspondentes códigos alfanuméricos, segundo os criterios de baremación acordados polo tribunal selectivo e conforme as bases do proceso selectivo.

Así mesmo, o tribunal acorda a publicación do ANEXO DAS PREGUNTAS FORMULADAS, versión en castelán e versión en galego, así como, das RESPOSTAS CORRECTAS ás mesmas, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.

As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas á proba teórico-práctica no prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.

Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 14/04/2025 e rematará o DÍA 22/04/2025, ambos INCLUÍDOS.


Xustificantes de Publicación: