BOLSA ADMINISTRATIVOS/AS. BAREMACIÓN EXERCICIO 1, PROBA TIPO TEST, DA FASE DE OPOSICIÓN
EXP: 2024/E001/000005
O tribunal acorda a publicación da puntuación acadada no primeiro exercicio da fase de oposición, proba tipo test, polos persoas aspirantes presentadas, identificadas cos correspondentes códigos alfanuméricos, segundo os criterios de baremación acordados nas bases do proceso selectivo.
Así mesmo, o tribunal acorda a publicación do cadro de respostas correctas ás preguntas formuladas. Non se publicarán as preguntas do exame, dado que o documento do mesmo foille entregado a todos e cada un dos aspirantes presentados.
As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas ás preguntas, ao seu contido e ao cadro de respostas correctas, no prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.
Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 08/04/2025 e rematará o DÍA 10/04/2025, ambos INCLUÍDOS.