BOLSA ADMINISTRATIVOS/AS. BAREMACIÓN DA FASE DE CONCURSO
EXP: 2024/E001/000005
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO.
Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.
Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 28/03/2025 e rematará o DÍA 01/04/2025, ambos INCLUÍDOS.
O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. 780/2025 do 17/03/2025 (publicada na sede electrónica municipal o 18/03/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, que terá lugar o vindeiro 3 DE ABRIL DO 2025 ÁS 12.00 HORAS, na segunda planta do PAZO DA CULTURA (Rúa do Pan, s/n, Carballo, A Coruña).