OEP 2022 (O). INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. PUBLICACIÓN BASES DA CONVOCATORIA
EXP: 2024/E001/000021
Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 59 de 27/03/2025 as Bases Xerais e Bases Específicas que regularán a Convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda de promoción interna, dunha (1) praza de Inspector do corpo da Policía Local (grupo A, subgrupo A2), da escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase Policía Local, da escala Executiva, categoría Inspector, incluída na OEP 2022 Ordinaria do concello de Carballo.
De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO.
ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FORA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.