Sede electrónica Concello de Carballo

01:50:02 Mércores 2 de abril 2025

Información

SERVIZO DE PERSOAL

26/03/2025

OEP 2022 (O). OFICIAIS TRACTORISTAS. DATAS APERTURA SOBRES EXERCICIO 1 E REALIZACIÓN EXERCICIO 2

EXP: 2023/E001/000024

A apertura dos sobres identificativos dos aspirantes presentados ao primeiro exercicio da fase de oposición, proba teórico-práctica, realizarase en sesión pública o próximo MÉRCORES 2 DE ABRIL DO 2025, ás 10.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Realizada a apertura dos sobres identificativos, procederase á publicación das puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición (PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA) de acordo ás persoas aspirantes identificadas.

O tribunal acorda fixar a realización do segundo exercicio da fase de oposición, PROBA PRÁCTICA, para o próximo XOVES 3 DE ABRIL DO 2025, ás 8.45 horas no Centro Social de Ardaña (Rúa Igrexa nº 77, 15109, Carballo).

Para a realización deste exercicio da fase de oposición, proba práctica, as persoas aspirantes serán convocadas en chamamento único e, recordase, que DEBERÁN IR PROVISTAS DE BOTAS DE SEGURIDADE, ROUPA DE TRABALLO E GUANTES DE TRABALLO, do contrario NON poderán realizar a dita proba.


Xustificantes de Publicación: