OEP 2022 (O). OFICIAIS TRACTORISTAS. BAREMACIÓN DA PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA
EXP: 2023/E001/000024
O tribunal acorda a publicación da puntuación acadada no primeiro exercicio da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, polas persoas aspirantes presentadas, identificadas cos correspondentes códigos alfanuméricos, segundo os criterios de baremación acordados polo tribunal selectivo e conforme ás bases do proceso selectivo.
Así mesmo, o tribunal acorda a publicación do Anexo das preguntas formuladas, versión en castelán e versión en galego, así como, das respostas correctas ás mesmas.
As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas á proba teórico-práctica no prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo.
Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 24/03/2025 e rematará o DÍA 28/03/2025, ambos INCLUÍDOS.
NOTA: OS ASPIRANTES QUE ACCEDAN AO CASO PRÁCTICO DEBERÁN PRESENTARSE O DÍA DA PROBA CON ROUPA DE TRABALLO, BOTAS DE SEGURIDADE E LUVAS DE TRABALLO, EN CASO CONTRARIO NON PODERÁN REALIZAR A PROBA.