OEP 2022 (O). LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS/AS. SUBALTERNOS - CONSERXES
EXP: 2023/E001/000026
Publicada a Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura por persoal funcionario de carreira, en quenda libre e mediante o sistema de concurso-oposición, de TRES (3) PRAZAS DE SUBALTERNO-CONSERXE incluídas na OEP 2022 Ordinaria do Concello de Carballo.
BOP da Coruña núm. 46 do 10 de marzo de 2025.
Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS da fase de concurso que terá lugar o 13 DE MARZO DO 2025 ÁS 9.30 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.
Convocar ás persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o 4 DE ABRIL DO 2025 ÁS 12.00 HORAS na segunda planta do PAZO DE CULTURA (Rúa do pan, s/n, Carballo).