OEP 2022 (O). OFICIAIS DE EMERXENCIAS. BAREMACIÓN PROBAS FÍSICAS
EXP: 2023/E001/000022
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, cualificación da persoa aspirante como APTA ou NON APTA, son os que se indican de seguido no ANEXO, no apartado correspondente.
Segundo as Bases da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, para formular as alegacións que consideren oportunas.
Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 17/02/2025 e rematará o DÍA 21/02/2025, ambos INCLUÍDOS
O tribunal acorda convocar ás persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, o vindeiro 5 de marzo ás 11.30 horas no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).