Sede electrónica Concello de Carballo

14:20:49 Venres 14 de marzo 2025

Información

SERVIZO DE PERSOAL

31/01/2025

OEP 2022 (O). OFICIAIS DE EMERXENCIAS. BAREMACIÓN DA FASE DE CONCURSO

EXP: 2023/E001/000022

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO.

Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.

Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 03/02/2025 e rematará o DÍA 07/02/2025, ambos INCLUÍDOS.

O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. 203/2025 do 23/01/2025 (BOP núm. 19 do 29/01/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, o vindeiro 12 de febreiro ás 10.00 horas na Pista do Chorís, sita na Avenida de Bergantiños do Concello de Carballo.


Xustificantes de Publicación: