PROCESO SELECTIVO. LISTAXE DE AGARDA DE PROFESOR/A CMUS PERCUSIÓN - LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS/AS
EXP: 2024/E001/000019
Aprobación da Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de persoal laboral temporal a tempo parcial para a cobertura temporal de prazas de Profesor/a CMUS Percusión.
Convocar a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos da fase de concurso que terá lugar o xoves 9 de xaneiro do 2025 ás 9.30 horas na Sala de Xuntas sita na planta 2ª da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes para a realización dos exercicios prácticos da fase de oposición o xoves 9 de xaneiro do 2025 ás 11.30 horas no Pazo da Cultura do Concello de Carballo (Rúa do Pan, s/n, Carballo).
Convocar aos aspirantes que teñan que realizar a proba de coñecemento da lingua galega o xoves 9 de xaneiro do 2025 ás 14.00 horas no Pazo da Cultura do Concello de Carballo (Rúa do Pan, s/n, Carballo).