Información pública estudo viabilidade explotación cafetería Pazo da Cultura
EXP: 2024/C004/000018
No Concello de Carballo estase a tramitar un expediente de contratación administrativa para a licitación dun contrato de concesión da explotación da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura do Concello de Carballo. Por elo, en virtude do art. 285.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP), nos contratos de concesión de servicios a tramitación do expediente irá precedida da realización e aprobación dun estudo de viabilidade dos mesmos ou no seu caso, dun estudo de viabilidade económico-financiera, que terán carácter vinculante nos supostos en que conclúan a inviabilidade do proxecto.
Así pois, en virtude dos arts. 297 e 247.3 da LCSP, (aplicado de forma supletoria ó contrato de concesión de servicios) o estudo de viabilidade económico-financiero redactado a tal efecto, se somete a información pública polo prazo dun (1) mes, para audiencia e presentación das reclamacións, alegacións e suxestións que se estimen pertinentes polos interesados.
Durante o devandito prazo, poderá ser examinado o “Estudo de viabilidade da explotación da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura do Concello de Carballo” subscrito pola empresa Into Consulting, SL, accedendo ó documento para a súa visualización íntegra no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, sometendo o expediente a un período de información pública.