Sede electrónica Concello de Carballo

13:52:45 Xoves 21 de novembro 2024

Información

Deportes

07/11/2024

Apertura prazo de inscrición Campaña da Neve 2025 Deputación da Coruña.

EXP: 2024/G003/003428

RESOLUCIÓN

“Campaña de Neve 2025. Prazo de inscrición”

 

O Concello de Carballo foi incluído na actividade “CAMPAÑA DE NEVE 2025 ” da Deputación da Coruña que se celebrará na estación invernal de Valgrande-Pajares, adxudicándonos 14 prazas.

 

A quenda correspondente ó Concello de Carballo é a cuarta, dende o 31/01/2025 ó 3/02/2024.

 

Á vista do cal RESOLVO:

 

Primeiro.- Establecer un prazo de preinscrición para achegar solicitudes, entre os dias 8 de novembro e 2 de decembro de 2024 inclusives, mediante a correspondente ficha de inscrición, anexa a esta resolución e á que se deberá dar rexistro de entrada no Concello de Carballo.

 

Segundo.- Adoptar os requisitos establecidos e os que poida establecer a Deputación da Coruña para a admisión e participación na “Campaña de Neve 2025” e os particulares do Concello de Carballo, nos seguintes termos:

 

  • Poderán asistir á actividade nas prazas correspondentes ó Concello de Carballo nenos e nenas de idades entre 11 e 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2024), e que estén empadroados no Concello de Carballo.

 

  • No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas (14), realizarase un sorteo público para adxudicar as mesmas o luns día 9 de decembro ás 10:00 h. na Casa do Concello.

 

  • Terán preferencia os solicitantes que non participaran en ningunha campaña de neve anterior da Deputación da Coruña.

 

  • A cota de participacion individual establecida pola Deputación da Coruña é de 85,00 €, que se aboará no momento e forma que a Deputación da Coruña determine unha vez adxudicadas as prazas.

 


 


 

 

ANEXO I: FICHA DE INSCRICIÓN

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN CAMPAÑA DE NEVE 2025

D./Dna.

DNI Nº

Como como pai, nai, titor/a da persoa solicitante cuios datos se detallan de seguido

D./Dna.

DNI Nº

Data de nacemento:

SOLICITA PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE NEVE 2025, ORGANIZADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, PARA NENOS E NENAS DE 11 A 15 ANOS INCLUSIVE CUMPRIDOS A 31 DE DECEMBRO DE 2024, A TRAVÉS DAS PRAZAS DESTINADAS POLA MESMA Ó CONCELLO DE CARBALLO.

 

DECLARO que o neno/nena solicitante está empadroado no Concello de Carballo e

PARTICIPOU EN ALGUNHA ANTERIOR CAMPAÑA DE ESQUÍ DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

NON PARTICIPOU EN NINGUNHA ANTERIOR CAMPAÑA DE ESQUÍ DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

 

DATOS PARA NOTIFICACIÓNS:

ENDEREZO

RÚA:

Nº:

Piso:

Letra:

Localidade:

CORREO ELECTRÓNICO:

Nº DE TELÉFONO:

 

 

 

____________________________, a ___________ de ______________ de 2024

Sinatura


 


 

Asinado dixitalmente na data que figura ao marxe.

Alcalde

Secretaria

Evencio Ferrero Rodríguez

Marina Núñez Orjales


 


Xustificantes de Publicación: