Incoación do expediente de investigación relativo a unha superficie na rúa Vázquez de Parga, 17
EXP: 2024/G006/000419
EXPEDIENTE TeDEC: 2023/X999/000301
O Pleno da Corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o 28/10/2024 acordou a incoación dun expediente de investigación relativo á superficie que figura entre o linde Este da parcela catastral 5250621NH2854N e a rúa Vázquez de Parga, a cal figura actualmente inscrita no Inventario Municipal.
A superficie obxecto deste expediente descríbese no informe técnico asinado polo arquitecto municipal en xaneiro do 2023 do seguinte xeito:
...franxa de terreo situada entre a beirarrúa da rúa Vázquez de Parga e a parcela con referencia catastral 5250621NH2854N, que corresponde á antiga estación de trolebuses....
Publícase a incoación deste expediente relativo ó ben descrito no parágrafo anterior no BOP, no taboleiro de anuncios e no taboleiro da Sede Electrónica do Concello de Carballo, sometendo o expediente a un período de información pública, por prazo de 15 días hábiles.
No prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó que termina o período de información pública, poderán as persoas afectadas polo expediente, alegar por escrito canto estimen conveniente ó seu dereito ante a Corporación, acompañando tódolos documentos en que funden as súas alegacións.