Sede electrónica Concello de Carballo

18:24:16 Xoves 21 de novembro 2024

Información

SERVIZO DE PERSOAL

16/09/2024

APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. TRES (3) PRAZAS DE SUBALTERNO-CONSERXE. CONCURSO-OPOSICI

EXP: 2023/E001/000026

Publicadas no Boletín oficial da provincia da Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as Bases Xerais e Bases Específicas que regularán a Convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de tres (3) prazas de Subalterno-Conserxe (Agrupación Profesional), da escala de Administración Xeral, subescala Subalternos, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.

Publicado anuncio da convocatoria no DOG Núm. 168 do 02/09/2024.

Publicado anuncio da convocatoria no BOE Núm. 223 do 14/09/2024.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Polo tanto, o prazo de presentación de instancias é desde o DÍA 16/09/2024 e rematará o DÍA 11/10/2024, AMBOS INCLUÍDOS.

ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerarase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.

BASES BOP. 04.12.2023

ANUNCIO DOG. 02.09.2024

ANUNCIO BOE. 14.09.2024

MODELO DE SOLICITUD


Xustificantes de Publicación: