Sede electrónica Concello de Carballo

08:04:12 Domingo 24 de novembro 2024

Información

SERVIZO DE PERSOAL

22/07/2024

BRIGADA FORESTAL. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS

EXP: 2024/G003/002246

PUBLICACIÓN da Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a provisión temporal do persoal para a Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres (3) operarios/as de motobomba.

Convocar a todos os membros do tribunal para a valoración de méritos da fase de concurso que terá lugar o martes 23 de xullo do 2024, ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que non teñan acreditado estar en posesión do nivel de coñecemento requirido segundo a base terceira, letra h) (CELGA 2 / CELGA 3) para a celebración do exercicio da fase de oposición, exercicio de avaliación do coñecemento da lingua galega, que terá lugar o martes 23 de xullo do 2024, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar ás persoas aspirantes admitidas para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, proba física de esforzo, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 10.00 horas, no Pavillón Vila de Noia situado na Rúa Vila de Noia, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Peón/Peoa Condutor/a para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 11.30 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Peón/Peoa de Brigada para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 12.00 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Operario/a Motobomba para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 12.30 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Xefe/a de Brigada para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba teórico-práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 13.00 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.


Xustificantes de Publicación: