BRIGADA FORESTAL 2024. MODIFICACIÓN BASES E APERTURA NOVO PRAZO DE INSTANCIAS
EXP: 2024/E001/000009
Estimado o recurso de reposición interposto contra as «Bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión temporal do persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres operarios de motobomba (programa convenio interadministrativo entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballo, para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2023-2024)», por Resolución da Alcaldía núm. 1858/2024, do 08/07/2024, aprobouse modificar as anteditas bases que rexerán a selección como persoal temporal dun (1) xefe de brigada, un (1) peón condutor e tres (3) peóns para a Brigada de prevención e defensa contra incendios, así como, de tres (3) operarios de motobomba.
As bases modificadas están publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello (www.sede.carballo.gal) e na páxina web municipal (www.carballo.gal).
Establecese un novo prazo de presentación de instancias de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.
Publicado anuncio no BOP da Coruña núm. 132 do 10/07/2024.
Polo que o NOVO PRAZO de presentación de instancias é desde o DÍA 11/07/2024 ata o DÍA 17/07/2024, ambos incluídos.
Se adxunta modelo de solicitude e modelo de declaración responsable.