Sede electrónica Concello de Carballo

17:28:00 Xoves 21 de novembro 2024

Información

SERVIZO DE PERSOAL

14/06/2024

TECNICO/A EDUCACIÓN FAMILIAR. BAREMACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS - FASE CONCURSO

EXP: 2023/E001/000020

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados provisionais da baremación de méritos da fase de concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Décima da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.

Polo que o prazo de alegacións a baremación provisional de méritos é desde o DÍA 17/06/2024 ata o DÍA 19/06/2024, ambos incluídos.

Así mesmo, os aspirantes quedan convocados para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, o vindeiro 1 de xullo de 2024 ás 10.00 horas no Salón de Plenos sito na planta 2ª da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).


Xustificantes de Publicación: