Sede electrónica Concello de Carballo

08:41:11 Sábado 4 de abril 2026

Información

SERVIZO DE PERSOAL

23/01/2024

APROBACIÓN INICIAL. CADRO DE PERSOAL PARA O EXERCICIO 2024

EXP: 2023/E004/000003

En sesión Extraordinaria do día 8 de xaneiro de 2024, o Pleno desta Corporación acordou aprobar inicialmente o Cadro de Persoal do Concello de Carballo para o exercicio 2024.

Na Secretaría desta entidade local exponse ao público o expediente, por espazo de quince (15) días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do presente no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de reclamacións.

Publicación do anuncio no BOP núm. 17 do 23/01/2024.

Polo que o prazo de presentación de reclamacións será desde o DÍA 24/01/2024 ata o DÍA 13/02/2024, ambos INCLUÍDOS.

Se durante o devandito prazo non se presentasen reclamacións contra o expediente, considerarase aprobado definitivamente o Cadro de Persoal desta entidade para o ano 2024, procedendo a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia.


Xustificantes de Publicación: