Sede electrónica Concello de Carballo

20:53:25 Domingo 21 de setembro 2025

Información

SERVIZO DE PERSOAL

04/12/2023

CONVOCATORIA E BASES DE TRES (3) PRAZAS DE SUBALTERNO-CONSERXE. PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA

EXP: 2023/E001/000026

Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as Bases Xerais e Bases Específicas que regularán a Convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de tres (3) prazas de Subalterno-Conserxe (AP), da escala de Administración Xeral, subescala Subalternos, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FORA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.


Xustificantes de Publicación: