OEP 2022 (E). AUXILIAR DE BIBLIOTECA. CONCURSO-OPOSICIÓN
EXP: 2022/E001/000070
De acordo coa valoración asignada polos membros do tribunal selectivo, os resultados da fase de oposición son os que de seguido se indican no ANEXO I.
Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de oposición para formular as alegacións que consideren oportunas en relación ao exercicio teórico-práctico.
Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 02/11/2023 e rematará o DÍA 08/11/2023, INCLUÍDO.
A apertura dos sobres identificativos dos aspirantes presentados realizarase en sesión pública o vindeiro xoves 9 de novembro ás 12.00 horas no Salón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).