BRIGADA INCENDIOS 2023. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS
EXP: 2023/E001/000017
PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E DE TRES OPERARIOS DE MOTOBOMBA.
Rematado o prazo regulamentario para a presentación de instancias e logo de examinar as solicitudes presentadas xunto coa documentación que as acompaña e non existindo aspirantes excluídos con causa de exclusión emendable, procedese a publicación de:
- Listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación con carácter laboral temporal dun xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns para a Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, así como, de tres operarios de motobomba.
- Designación do tribunal cualificador e asesores.
Convocase a todos os membros do tribunal para a valoración de méritos da fase de concurso que terá lugar o mércores 26 de xullo do 2023, ás 10:00 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo.
Convocase aos aspirantes admitidos/as que non teñan acreditado estar en posesión do nivel de coñecemento requirido (CELGA 2 / CELGA 3) para a celebración do exercicio da fase de oposición, exercicio de avaliación do coñecemento da lingua galega, que terá lugar o mércores 26 de xullo do 2023, ás 13:00 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Carballo.
Convocase aos aspirantes admitidos/as para a celebración do exercicio da fase de oposición, proba física de esforzo, que terá lugar o xoves 27 de xullo de 2023, ás 10:00 horas, no Pavillón Vila de Noia situado na Rúa Vila de Noia, S/N de Carballo.