Sede electrónica Concello de Carballo

08:45:22 Sábado 20 de abril 2024

Información

SERVIZO DE PERSOAL

22/12/2022

BASES E CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, EN REXIMEN LABORAL TEMPORAL, DUNHA PRAZA DE DOCENTE PARA IMPA

EXP: 2022/E001/000022

Aprobación das bases e convocatoria para a provisión, en réxime de duración determinada a tempo parcial (6 horas/día) mediante un contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Montaxe de mobles e elementos de carpintería", correspondente ao plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2022 e 2023 (2ª convocatoria).

Exp. 2022/E001/000022.

Por Resolución da Alcaldía do Concello de Carballo núm. 3848/2022 de 19 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e convocatoria para a provisión, en réxime de duración determinada mediante un contrato para mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Montaxe de mobles e elementos de carpintería" correspondente ao plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2022 e 2023 (2ª convocatoria).

O prazo de presentación de instancias é de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Bases proceso e modelo solicitude.

Acompáñanse o enlace as bases dispoñibles na páxina web do concello (www.carballo.gal) e o modelo de solicitude de participación.


Xustificantes de Publicación: