Sede electrónica Concello de Carballo

15:10:10 Martes 7 de xullo 2020
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de primeira ocupación de edificios

A licenza de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu caso, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de seguridade, salubridade e ornamento público; c) o construtor repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de primeira ocupación de edificios.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza de primeira ocupación de edificios.
  • Certificado final de obra visado.
  • Certificado de cumprimento da normativa sectorial de habitabilidade, seguridade, salubridade e accesibilidade.
  • Planos reformados (no caso de que as obras variasen respecto do proxecto presentado).
  • Copia, no seu caso, do documento público de cesión de terreos.
  • Copia da solicitude de alta en Catastro.
  • Certificación de non deterioro do dominio público.
  • Catro fotografías do edificio e do seu entorno e dúas dos viais adxacentes.
  • Xustificante da inscrición do certificado de eficiencia enerxética no rexistro da Xunta (INEGA).

Nome: Licenza de primeira ocupación de edificios.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.